Alaska: La Bola de Cristal

03/11/2007


Grupo: Alaska
País: Spain

Esta canción compúxoa Santiago Auserón, o de Radio Futura, para a cabeceira do programa La Bola de Cristal de TVE, un programa dirixido aos rapaces pero cun tratamento ben diferente dentro dos programas infantís que había en aquela época, e cando na televisión (que só había dúas cadeas) se emitían programas infantís a un horario razoábel e non pola mañá como se fai agora. Daquela a programación infantil era dendes as 6 da tarde até as 9, hoxe a esta hora, só hai tele-lixo e programas pouco axeitados para os rapaces.

0 comentários: